Contacontos
O Rosal
06.11.2026
 / 
18:00
(hora galega)
Biblioteca Municipal do Concello do Rosal
“Princesas, non grazas”
Venres rebuldeiros
Manuela comeza con “Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa” desmitificando os roles e estereotipos de xénero presentes desde a infancia. A protagonista é unha nena que se rebela e que loita por un mundo máis igualitario.
Logo narra a historia “Cando as nenas voan alto” onde tres nenas acadan as súas metas loitando xuntas e superando todas as trabas e obstáculos do sistema patriarcal.
Prezo
De balde
Público
0-3 anos
Artista
Manuela Ventosela